lunes, 12 de enero de 2015

Reflexión sobre a pobreza e a desigualdade.

¿Porque hai pobreza no mundo?

1 de cada 5 habitantes no mundo vive na pobreza. Por culpa dos ricos, que pagan menos ca nos, e gañan moito máis. Case a metade da riqueza mundial está en mans do 1% da poboación "disfruta" só do 3% da riqueza. Con tan só o 1,5% da riqueza dos millonarios do mundo podería recadarse suficiente diñeiro como para asegurar que todos os nenos dos países máis pobres vaian á escola e proporcionar asistencia sanitaria nos 49 países máis pobres do mundo. 
Só con que os millonarios, poñan un pouco da súa parte, moita xente podería saír da pobreza.

-Pobreza en España:
España ocupa a primeira posición en canto a desigualdade social da Unión Europea. Esto quere dicir, que o Estado, vai cos ricos, e pasan dos pobres.
O 1% dos máis ricos de España teñen tanto como o 70% dos cidadáns.
En España, o 28,2% da poboación viven en risco de pobreza ou exclusión social: 13.090.000 persoas. E as 20 persoas máis ricas de España teñen tanto como o tercio máis pobre da poboación española: 14 millóns de persoas.

-Pobreza en Galicia:
A situación de pobreza severa chegaría moi preto das 120.000 persoas. Arredor do 23% dos galegos viven en risco de pobreza ou exclusión social: máis de 600.000 persoas.

O 72,3% dos galegos e galegas recoñecen dificultades para chegar a fin de mes. E dicir 7 de cada 10 persoas, non teñen a posibilidade de poder chegar a fin de mes.


A Renda de Inclusión Social (RISGA), concedida pola xunta de Galicia para saír da pobreza é de en torno aos 400€ ao mes por unidade familiar. Pois ben, o limiar da pobreza sitúase  nos 645,33€ por persoa.

-Conclusión: Hoxe en día o mundo está cheo de persoas na pobreza.
¿E como podemos evitalo?
Poderíamos evitalo, soamente con una pequena cousa, que sería, que os ricos, lle deran unha parte das súas riquezas a unha ONG, para que axude ás persoas pobres que hai no mundo, por lo menos, para que esas persoas poidan vivir baixo un tellado, e non nunha cabana.


Porque ahora mesmo, hai moitas persoas, entre elas nenos e anciáns, están ao borde da norte, só porque carecen de diñeiro ou de alimentos para poder vivir.

Opinión Persoal:
Eu non creo que se solucione toda a pobreza do mundo, pero con que salga da pobreza unha boa parte de todas as persoas pobres do mundo, xa sería un bo comenzo para o futuro da xente e do mundo. 


Información sacada da Wikipedia.

1 comentario:

  1. Carlos buenas tardes , queriache dicir que gustame moito o teu traballo é moi interesante dis moitas verdades ainda que non estou de todo da cordo nalgunhas cousas , tamen dinme conta de que o copiaches do que nos dera o profesor nesa parte decepcionáchesme un pouco pero non importa. Bueno boas tardes querido amigo que teñas bo día.

    ResponderEliminar