lunes, 29 de septiembre de 2014

Narración libre

Había unha vez un home chamado Marcos, que ía camiñando pola rúa, cando de repente tropezou cunha pedra, caeu ó chan, e rompeuse o brazo.

Unha señora que pasaba por alí, viuno no chan, foi correndo anda el, e ao ver que tiña o brazo roto chamou a unha ambulancia. Cando chegou a ambulancia, montáronno nela, e leváronno nunha camiña, e subíronno ata o piso onde se atopaba o quirófano.

Tras pasar unhas poucas horas, xa sacaran a Marcos para fóra, pero aínda non estaba listo para irse, tiña que quedarse uns días máis.

Ao longo da semana, Marcos foise recuperando, pero para el, estar aí era como estar no inferno, non podía levantarse, todo o dia tumbado na cama, e alimentado a base de líquidos. Tras dúas semanas, xa estaba listo para irse. Só tiña que esperar a que viñese o doutor a darlle o alta. Minutos máis tarde, chegou o médico, díxolle que tiña que beber moita auga, e por ahora, non podía ir a traballar, tiña que estar en repouso uns días. Tamén díxolle que podía ir probando a levantar algúns obxectos, que non pesasen moito.

Ao cabo de tres semanas. Marcos, xa estaba listo, co brazo recuperado, xa podía traballar. Cando ía de camiño ata o seu traballo, volveu tropezar coa pedra da outra vez, e volveu caer enriba do brazo operado. Marcos, pensou que tiña unha maldición de mala sorte, porque ahora, aparte de volver a ter que volver a ter que operar o brazo, tiña que estar moito máis tempo no hospital.