Había unha vez un home chamado Marcos,
que ía camiñando pola rúa, cando de repente tropezou cunha pedra, caeu ó chan,
e rompeuse o brazo.
Unha señora que
pasaba por alí, viuno no chan, foi correndo anda el, e ao ver que tiña o brazo
roto chamou a unha ambulancia. Cando chegou a ambulancia, montáronno nela, e
leváronno nunha camiña, e subíronno ata o piso onde se atopaba o quirófano.
Tras pasar unhas
poucas horas, xa sacaran a Marcos para fóra, pero aínda non estaba listo para
irse, tiña que quedarse uns días máis.
Ao longo da semana,
Marcos foise recuperando, pero para el, estar aí era como estar no inferno, non
podía levantarse, todo o dia tumbado na cama, e alimentado a base de líquidos.
Tras dúas semanas, xa estaba listo para irse. Só tiña que esperar a que viñese
o doutor a darlle o alta. Minutos máis tarde, chegou o médico, díxolle que tiña
que beber moita auga, e por ahora, non podía ir a traballar, tiña que estar en
repouso uns días. Tamén díxolle que podía ir probando a levantar algúns
obxectos, que non pesasen moito.
Ao cabo de tres
semanas. Marcos, xa estaba listo, co brazo recuperado, xa podía traballar.
Cando ía de camiño ata o seu traballo, volveu tropezar coa pedra da outra vez,
e volveu caer enriba do brazo operado. Marcos, pensou que tiña unha maldición
de mala sorte, porque ahora, aparte de volver a ter que volver a ter que operar
o brazo, tiña que estar moito máis tempo no hospital.

No hay comentarios:
Publicar un comentario