¿Porque hai pobreza no mundo?
1 de cada 5 habitantes no mundo
vive na pobreza. Por culpa dos ricos, que pagan menos ca nos, e gañan moito
máis. Case a metade da riqueza mundial está en mans do 1% da poboación
"disfruta" só do 3% da riqueza. Con tan só o 1,5% da riqueza dos
millonarios do mundo podería recadarse suficiente diñeiro como para asegurar
que todos os nenos dos países máis pobres vaian á escola e proporcionar
asistencia sanitaria nos 49 países máis pobres do mundo.
Só con que os millonarios, poñan
un pouco da súa parte, moita xente podería saír da pobreza.
-Pobreza en España:
España ocupa a primeira posición
en canto a desigualdade social da Unión Europea. Esto quere dicir, que o Estado, vai cos ricos, e pasan dos pobres.
O 1% dos máis ricos de España
teñen tanto como o 70% dos cidadáns.
En España, o 28,2% da poboación
viven en risco de pobreza ou exclusión social: 13.090.000 persoas. E as 20
persoas máis ricas de España teñen tanto como o tercio máis pobre da poboación
española: 14 millóns de persoas.
-Pobreza en Galicia:
A situación de pobreza severa
chegaría moi preto das 120.000 persoas. Arredor do 23% dos galegos viven en
risco de pobreza ou exclusión social: máis de 600.000 persoas.
O 72,3% dos galegos e galegas
recoñecen dificultades para chegar a fin de mes. E dicir 7 de cada 10 persoas,
non teñen a posibilidade de poder chegar a fin de mes.
A Renda de Inclusión Social
(RISGA), concedida pola xunta de Galicia para saír da pobreza é de en torno aos
400€ ao mes por unidade familiar. Pois ben, o limiar da pobreza sitúase nos 645,33€ por persoa.
-Conclusión: Hoxe en día o mundo
está cheo de persoas na pobreza.
¿E como podemos evitalo?
Poderíamos evitalo, soamente con una
pequena cousa, que sería, que os ricos, lle deran unha parte das súas riquezas
a unha ONG, para que axude ás persoas pobres que hai no mundo, por lo menos, para que esas persoas poidan vivir baixo un tellado, e non nunha cabana.
Porque ahora mesmo, hai moitas
persoas, entre elas nenos e anciáns, están ao borde da norte, só porque carecen
de diñeiro ou de alimentos para poder vivir.
Opinión Persoal:
Eu non creo que se solucione toda
a pobreza do mundo, pero con que salga da pobreza unha boa parte de todas as
persoas pobres do mundo, xa sería un bo comenzo para o futuro da xente e do
mundo.
Información sacada da Wikipedia.